mércores, 16 de abril de 2014

Predición 17/04/2014 a 20/04/2014


Moi boas, esta semana adiantámonos un día para tratar de facer unha predición para estes  4 días de Semana Santa.

Comezamos esta semana con bo tempo e temperaturas altas, incluso por riba da media. Parece que nos vindeiros días non teremos esta calor. De cara o sábado e sobre todo domingo as temperaturas baixaran considerablemente, pasaremos dos mais de 20 de hoxe os 15 que poderemos ter o domingo de máxima. As choiva parece que pode aparecer a partir do venres a tardiña-noite, sábado mantemos esa posibilidade, pero pouca cousa chovera, quizais o domingo choiva un pouco mais, pero tampouco se agarda nada significativo polo que non ten por que impedirvos gozar destes festivos.

Quería explicarvos dunha forma simple os mapas que estou colgando, a medida que vai poñendo novas cousas tratarei de explicalas para que todos as entendades.

Os mapas que puxen ata agora ilustran moi ben a situación dominante, pero só con eles é case imposible facer unha predición. Amosan a presión en superficie, expresada en isóbaras(liñas que unen puntos da mesma presión) e tamén a presión el altura, expresada por cores.

As altas presións en superficie son os coñecidos anticiclóns danse cando a presión e superior a 1013Hpa. Xiran no sentido das agullas do reloxo no hemisferio norte e o revés no hemisferio sur, indicándonos dependendo da súa posición  a dirección do vento así como a súa intensidade interpretada pola separación entre elas. Canto mais xuntas estean con mais forza soprara o vento.

 As baixas presións son as borrascas, cando a presión e inferior a 1013Hpa. Xiran no sentido contrario as agullas do reloxo no hemisferio norte e o revés no hemisferio sur, neles as isóbaras están mais xuntas. En altura pasa o mesmo temos borrascas e anticiclóns. Non sempre concorda a situación de altura coa de superficie o que dificulta mais a predición. Polo xeral un anticiclón é indicativo de bo tempo é unha borrasca de mal tempo…pero temos moitos outros factores que inflúen, como a dirección do vento, a temperatura das masas de aire, a radiación..
 

Seguirei pouco a pouco contándovos mais cousas e calquera cuestión ou proposta non dubidedes en comentala.

Predición para os próximos días:

-Xoves día 17; esta xornada vira marcada por un pequeno cambio de tempo, os ventos pasaran a Nordés arrastrando humidade que se traducira nun considerable aumento das nubes así como das néboas que apareceran a primeiras e ultimas horas, podendo ser persistentes nalgunhas zonas da nosa comarca. As temperaturas baixaran e non chegaremos os 20 grados.

O día será moi fermoso para camiñar, pasear, coñecer e visitar, nin chovera nin teremos a calor de hoxe.
 

-Venres día 18; teremos un día mais aberto có xoves, aínda que a medida que se acerque a noite podemos ter algún chuvasco. O vento continuara do Nordés frouxo e as temperaturas volveran a subir podendo superarse os 20 grados.

Previsiblemente teremos o mellor día destes catro, a pesar de que a noitiña poida chover algo, no resto do día o tempo será moi agradable.
 

-Sábado día 19; o día vira marcado por un empeoramento progresivo do tempo, con descenso das temperaturas e posibilidade dalgunha precipitación que non será moi importante nin debería condicionar moito a xornada. Os ventos serán frouxos de dirección variable e as temperaturas non pasaran dos 16- 17 grados.
 

-Domingo día 20; previsiblemente teremos o peor día da semana, con baixas presións en altura e superficie acompañadas de aire frío en altura provocaran chuvascos e mais fresquiño, as temperaturas non creo que pasen dos 15 grados e os ventos tenderan a soprar de compoñente Norte algo moderados.