Xa temos as camisetas, pero agora necesitamos mentes creativas que lle elaboren un bo deseño á altura deste reto. Queres ser ti?
A recepción de deseños estará aberta ata o próximo día 5 de maio de 2014 ás 20:00 horas.
Os deseños entregaránse por correo electrónico no seguinte enderezo: etiquefasnoortegal@gmail.com
O deseño ten que incluír obrigatoriamente unha referencia ao Concello de Ortigueira, ben sexa empregando o logo oficial ou mediante o uso de texto, xa que é o patrocinador destas camisetas.
Ademáis do formato nativo no que se presente o deseño (.ai, .eps, corel draw, etc.) haberá que acompañar a entrega co deseño en pdf e o nome completo + un teléfono de contacto do outor do deseño.
Poden participar todas as persoas que o desexen.
O xurado estará composto polos propios corredores que forman parte do grupo de whatsapp de Ortigueira runners e que, a través dunha enquisa online, votarán polo seu deseño favorito. O deseño que máis votos reciba será o elixido para ilustrar as camisetas.
O gañador recibirá unha cesta de produtos ecolóxicos da comarca.
O deseño gañador anunciarase o 11 de maio de 2014
Estas son as camisetas de home e de muller para as que hai que facer o deseño.
