Amosando publicacións coa etiqueta Vendas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vendas. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de febreiro de 2014

Venda de obxectos de segunda man

Chámome Luísa Blanco Veiga e adicome á venda de obxectos de segunda man: roupa, xoguetes, cousas do fogar, e algo de bisuteria. Tamén vendo por catálogo produtos de limpeza e de beleza das marcas Stanhome e Avón. Podedes ver os produtos que ofrezo na miña páxina de Facebook.

xoves, 21 de novembro de 2013

Tenreira ecolóxica de Marisol de Vidueiros

Chámome Marisol e xunto coa miña familia temos unha explotación de gando en Vidueiros, na parroquia de San Salvador de Couzadoiro (Ortigueira). Coidamos as nosas 5 vacas e os seus becerros nas máis de 7 ha de campóns da aldea.

Venda de mazás autóctonas e ecolóxicas

¿Queres mazás ecolóxicas e de ben cerquiña? Jaime Casas Polo pon en venda no Barqueiro a súa colleita de mazás ecolóxicas autóctonas.

Se estás interesado nelas, contacta con Jaime para establecer as condicións económicas, cantidades, etc.