xoves, 21 de novembro de 2013

Tenreira ecolóxica de Marisol de Vidueiros

Chámome Marisol e xunto coa miña familia temos unha explotación de gando en Vidueiros, na parroquia de San Salvador de Couzadoiro (Ortigueira). Coidamos as nosas 5 vacas e os seus becerros nas máis de 7 ha de campóns da aldea.

O gando pace libremente nos prados e complementamos a súa alimentación con herba seca, que recollemos no vrau, e cos loureiros que abundan nas silveiras de Vidueiros.

O manexo das fincas é tradicional (axudando a mante-lo paisaxe típico da zona) e natural. Aplícase unha vez ó ano un compost que se elabora na propia explotación e mantéñense en tódalas pradeiras altas silveiras que dan abrigo no inverno e sombra no vrau para o gando. O control das malezas é feito á mau.

A explotación conta dende 2008 ca certificación de agricultura ecolóxica do CRAEGA co nº de rexistro GA/01543/PA.

Datos de contacto

 

981 41 80 70 ou 659 19 65 22

Enderezo: Vidueiros s/n - Couzadoiro - Ortigueira