xoves, 25 de febreiro de 2016

Predición 26/2/2016 o 28/2/2016


Moi boas a tod@s!!!!

Comezamos esta semana cun tempo cambiante e con algunha precipitación. A partir desta noite dirixímonos cara un cambio de tempo moi importante. Unha masa de aire moi fría de orixe polar chegara a nos durante a tarde-noite de maña.

Durante esta noite e a maña de venres cruzaranos unha fronte fría con choivas, tralo seu paso chegaran os chuvascos, con tronadas, granizo e cota de neve que ira en descenso chegando o seu momento mais baixo durante a noite, xa na madrugada de sábado. Penso que cunha situación de tanto frío en altura, bastante en superficie e cuns xeopotenciais tan baixos poida nevar puntualmente en zonas moi baixas, incluso da costa, callar seguramente calle por encima dos 200 ou 300 metros, así o sábado levantarémonos con neve en moitos puntos da nosa comarca. A continuación amoso os mapas de temperaturas a 500hpa(5.500m), a 850hpa(aproximadamente 1.500m) e a presión durante a noite de maña venres.
Tal e como vos dixera, esta última fin de semana do mes promete ser moi fría e con algunha sorpresa. É moi complicado calcular a cota de neve e mais en zonas costeiras onde a acción mariña é moi importante, hai moitos factores que interveñen. O frío en superficie non é suficiente para que neve o nivel do mar, pero si que temos moitísimo frío en altura..veremos que pasa.

Despediremos este mes con frío e penso que a pesar de que o novo mes comezara cun ascenso das temperaturas será un mes de marzo moi frío, con varias entradas frías e algunha mais longa e se cadra mais importante que as deste mes. Vexo as pezas moi ben situadas para ter  un mes tal e como vos conto...iremos vendo.

Gozade da fin de semana e moito coidadiño.

Predición para os próximos días:

-Venres día 26; comezaremos o día con precipitacións polo paso dunha fronte fría, tralo seu paso quedara unha xornada de chuvascos, que poderán ser fortes, de granizo e acompañados de tronadas, ademais a cota de neve ira descendendo…e moito. As temperaturas sufriran un descendo acusado, tanto mínimas como máximas, alcanzándose as mínimas a derradeiras horas da xornada. Os ventos serán moderados do noroeste, quedando frouxos de cara a noite.
 -Sábado día 27; moi probablemente espertara a comarca cuberta de neve a partir duns 200 ou 300 metros. Será unha xornada de chuvascos e a cota de neve ira subindo quedando durante a tarde nuns 600m. Os chuvascos serán mais frecuentes durante a tarde podendo ser novamente de granizo e acompañados dalgunha tronada. As temperaturas serán moi baixas, con mínimas baixo cero nas zonas mais altas da comarca e as máximas, nos mellores lugares, quedaran nos 8 ou 9 grados. Os ventos serán moderados do noroeste.
-Domingo día 28; será unha xornada de chuvascos moito menos importantes e frecuentes que as xornadas anteriores, a neve xa estará en cotas mais altas e as temperaturas subiran. Os ventos serán do norte moderados.
 
¡¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!