xoves, 7 de xaneiro de 2016

Predición 8/1/2016 o 10/1/2016


Moi boas a tod@s!!!!

Comezamos esta semana cun tempo moi revolto. Numerosas frontes nos atravesaron deixando precipitacións importantes, vento moi forte, moi mal estado de mar e un acusado descenso das temperaturas o martes. Nestes momentos (xoves as 15H) temos unha fronte moi activa enriba de nós, esta avanzara moi lentamente, estando case estacionaría e provocando así moita chuvia. Moito OLLO xa que levamos preto de 60litros por metro cadrado e vai caer moita mais. Moito coidado cos ríos e regatos que seguramente esta tarde e sobre todo na próxima madrugada se desborden…precaución!!!

Parece que o tempo non mellorara moito na fin de semana, maña deixara de chover pola maña e teremos un día mellor pero a espera do que nos agarda para sábado e sobre todo domingo canto un novo temporal de auga e moito vento nos afectara.

A situación esta moi entretida con altas presións na zona do polo e Groenlandia moi posiblemente a partir da semana que ven as borras tenda a adentrarse o continente europeo e as altas presións do sur das azores migren o norte buscando as altas do polo e provocando así unha entrada de norte moi interesante…iremos vendo e que sorpresas nos depara. Seguramente sexa a primeira ola de frío do inverno pero antes diso moi atentos as precipitacións, o vento e a mala mar.

Pois a gozar os que vos guste este tempo e poidades desfrutar dos ríos e regatos a tope…e os que non vos guste…e empecedes a ir cansos de tanto auga..paciencia que a auga é moi necesaria e vimos duns meses secos.

Predición para os próximos días:

-Venres día 8; comezaremos a xornada có remate do paso da fronte que nos afecta hoxe, as precipitacións serán moi importantes nesta próxima madrugada e maña espertaremos cós ríos e regatos desbordados. Logo ira mellorando e quedaremos nunha xornada de nubes e claros con algún chuvasco. As temperaturas descenderan algo e os ventos serán frouxos do oeste.
 
 -Sábado día 9; unha nova fronte comezaranos a visitar deixando precipitacións e ventos intensos, nada que ver con hoxe. As temperaturas manteranse moi semellantes e os ventos iran gañando intensidade de compoñente suroeste.
 
-Domingo día 11; teremos novamente unha xornada moi complicada, con moita precipitación e moito ollo o vento que nesta xornada promete ser moi intenso, seguramente o día de mais vento do que levamos de inverno. Veremos como evoluciona e que pasa novamente cós ríos é có vento que será moi forte.
 
¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!