Moi boas a tod@s!!!!
Comezamos
esta semana con algunha precipitación o luns para logo mellorar e volver a
empeorar na noite de onte. Pasadas as choivas desta maña a tendencia e a
mellorar o tempo, cunha xornada bastante agradable maña. O sábado e o domingo
serán xornadas de abundante nubosidade e con algunha precipitación.
Parece que o
frío non da chegado este inverno, pero tempo o tempo, xa que non creo que tarde
moito. Agardo que coa lúa nova que nacera o día 8 teñamos un cambio importante
de tempo, moi probablemente comezara o
inverno cunha segunda metade de febreiro moi fría…queda moito de momento e os
modelos aínda no amosan. Iremos vendo que pasa e como se comporta o vindeiro
mes.
Na seguinte
predición iremos vendo esa posible evolución e tamén farei un pequeno resumo deste mes de xaneiro.
Predición para os próximos días:
-Venres día 29; será unha xornada con grandes momentos de
sol. As temperaturas mínimas descenderan moderadamente e as máximas tenderan a
subir. Os ventos serán frouxos do suroeste.
-Sábado
día 30; teremos un
día de moita humidade que se traducira en abundantes nubes e coa posibilidade
dalgunha choiva feble. As temperaturas subiran algo e os ventos serán moderados
do suroeste.
-Domingo día 31; será unha xornada semellante a do sábado ou
se cadra con algo mais de humidade e con mais probabilidade de precipitacións,
que en todo caso, serán febles. As temperaturas subiran, sobre todo as mínimas
e os ventos continuaran do suroeste moderados.


