Moi boas a tod@s!!!!
Comezamos
esta semana con abundante nubosidade e con algunha precipitación que en xeral
foi de escasa importancia. Notaremos un empeoramento do tempo durante esta
noite e sobre todo na tarde noite de maña, teremos precipitacións pero con
temperaturas agradables para estas datas. Sábado e domingo notaremos unha
mellora e con temperaturas altas para esta época do ano.
A vindeira
semana e xa a derradeira do mes comezara con choivas e descenso das
temperaturas. Os modelos non teñen clara a evolución, pero tampouco se ve unha
unha ola de frío, nin choivas moi importantes nin tampouco tempo seco e soleado
con xeadas..todo pode cambiar nuns días. O inverno aínda queda por pasar, e
seguramente febreiro nos deparara algunha sorpresa en forma branca.
Gozade da
fin de semana, cun tempo agradable, sobre todo na xornada do domingo onde
teremos bastante sol e temperaturas moi agradables.
Predición para os próximos días:
-Venres día 22; será unha xornada con abundantes nubes e
precipitacións durante a tarde-noite. As temperaturas serán moi suaves, con
mínimas por enriba dos 10ºC e máximas entorno os 15ºC. Os ventos serán do
suroeste moderados.
-Sábado
día 23; comezaremos
con algunha choiva da fronte da noite, que ira remitindo, quedando unha xornada
de abundantes nubes e algún claro. As temperaturas tenderan a subir, con máximas
que nalgunhas zonas da comarca poidan aproximarse os 18ºC. Os ventos serán do suroeste
frouxos.
-Domingo día 24; teremos unha xornada de abundantes momentos
de sol. Xa durante a tarde ira aumentando a nubosidade como preludio dunha
fronte que nos chegara durante o luns. As temperaturas mínimas descenderan e as máximas tenderan a
subir, quedando próximas os 20ºC. Os ventos comezaran frouxos para ir
aumentando de intensidade e quedar con refachos fortes durante a noite.


