xoves, 14 de xaneiro de 2016

Predición 15/1/2016 o 17/1/2016


Moi boas a tod@s!!!!

Comezamos esta semana cun tempo moi invernal e parece que pouco a pouco mellorara algo a situación, descenderan as temperaturas bastante pero as precipitacións serán escasas. Maña, venres, podemos ter algún chuvasco que incluso pode ser de granizo, pero será moi puntual e logo ata domingo a tarde non agardamos precipitacións e serán de carácter débil.

Facendo un pequeno resumo do ano 2015 e comparándoo cos últimos anos, podemos dicir que foi un ano cálido, pero menos que o 2011 e un ano normal en canto a precipitacións..non así a súa distribución, xa que agosto por exemplo foi o terceiro mes mais chuvioso do ano. Un inverno húmido que deu paso a unha primaveira algo seca así como o comezo do verán. A segunda parte do verán e incluso o comezo do outono foron húmidos para rematar o ano cun novembro e decembro moi secos.

De momento no que levamos de ano xa levamos mais precipitación que todo outubro, novembro e decembro xuntos, levamos uns 400litros por metro cadrado…que non esta nada mal, unha cuarta parte do total da media que caeu nos últimos anos na nosa comarca.

Despois das enchentes dos ríos e regatos da semana pasada os modelos intuían unha entrada fría para esta semana, que o final foi quedando descafeinada, aínda que maña e pasado fará moito frío, non será unha ola de frío. Os modelos levan bastante tempo dando grandes cambios a partir de 3-4 días vista, mudando en cada saída a evolución do tempo. Moita da culpa destes cambios eran dunha borrasca situada o sur das azores, borrasca con características tropicais e que na xornada de hoxe se converteu en furacán de categoría I (podendo acadar aínda a categoría II), algo bastante insólito, non polas latitudes se non mais ben pola época do ano na que nos atopamos. Temos referencias doutro parecido no ano 1955. Este pasara polas illas azores con bastante intensidade e desprazarase cara o norte-noroeste entrando na circulación xeral atmosférica e perdendo as características de furacán.  A nos non chegara a afectarnos pero seguirá condicionando a evolución dos modelos nos vindeiros días.
IMAXES DO FURACÁN "ALEX"
 
 
 
Predición para os próximos días:

-Venres día 15; termos un día de nubes e claros coa probabilidade dalgún chuvasco pola maña que incluso pode ser de granizo. As temperaturas descenderan bastante, sobre todo as mínimas e as máximas non pasaran dos 10 ou 11ºC. Os ventos serán frouxos do nordés.
 
 -Sábado día 16; agardo unha xornada de grandes momentos de sol e cun descenso das temperaturas mínimas, dando lugar a posible aparición de xeadas. Os ventos serán de dirección variable frouxos.
 
-Domingo día 17; comezaremos a xornada cun aumento da nubosidade e a posibilidade de precipitacións, sobre todo cara a tarde-noite, cando unha fronte nos atravesara, deixando precipitacións débiles en xeral. As temperaturas mínimas subiran bastante e as máximas manteranse sen grandes cambios. Os ventos serán do suroeste aumentando de intensidade e acadando refachos fortes.
 
¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!