Moi boas a tod@s!!!!
Comezamos
esta semana cun tempo bastante inestable trala visita de dúas frontes, unha luns
e outra na xornada de hoxe, e as dúas con bastante actividade descargando
precipitacións intensas por momentos e ventos bastante fortes. Parece que así
continuaremos o resto da semana, novas frontes con ventos fortes, mala mar e
tamén precipitacións. Despediremos e entraremos no novo ano sen
choiva pero xa venres pola maña teremos precipitacións e sobre todo ventos
fortes.
Parece que
por fin vai chegando o inverno e a choiva que tanta falta fai tamén. O ano comezara
con ventos fortes e algunha choiva que tendera a intensificarse durante o
domingo, xornada na cal todo parece indicar que comezara un temporal de moita
precipitación e vento intenso que se manterá nas primeiras xornadas da semana. Haberá
que vixiar a evolución xa que a posibilidade é alta e a precipitación sería moita.
Non parece que vaia mudar moito a situación, e a vindeira semana será inestable.
Vamos despedir
o mes de decembro cunha temperatura media de ata 3ºC por encima da media dos
últimos anos, considerando así o mes como moi cálido e tamén moi seco, con menos da
metade da precipitación agardada…e menos mal que esta última semana foi cambiando
o tempo.
Gozade destes
días e despedide o ano con moita ilusión xa que o novo será mellor para
tod@s!!!
Predición para os próximos días:
-Xoves día 31; teremos algún chuvasco durante o día que desaparecerá
durante a noite, deixándonos unha noite de fin de ano sen choivas pero con
ventos que iran aumentando ata acadar intensidade forte no amencer do venres.
As temperaturas mínimas descenderan bastante, mas de 6 ou 7ºC con respecto a
hoxe, as máximas algo, quedando nos 12-13ºC. Os ventos serán de compoñente sur
frouxos aumentando de intensidade pola noite.
-Venres día 1; Comezaremos o ano con ventos que irán
aumentando de intensidade e alcanzara intensidade moi forte durante a maña,
tamén chegaran precipitacións. As temperaturas subiran, tanto máximas como
mínimas, mais salientable nas mínimas. O vento será moi forte durante a maña,
perdendo intensidade durante a tarde e de compoñente sur-suroeste.
-Sábado
día 2; será un día
de nubes e claros con algún chuvasco e con temperaturas que descenderan
bastante, quedando as máximas entorno os 10-11ºC. Os ventos serán de compoñente
oeste moderados.
-Domingo día 3; todo parece indicar que durante esta xornada
nos cruzara unha fronte moi activa con importantes precipitacións e ventos
fortes. As temperaturas subiran tanto mínimas como máximas e os ventos serán de
compoñente suroeste moderados con intervalos fortes.
¡¡¡¡¡FELIZ ANO A TOD@S!!!!!



