Moi boas a tod@s!!!!
Comezamos
esta semana cun tempo agradable, algunha precipitación feble, moita nubosidade
e temperaturas moi agradables. A partir de maña teremos unha mellora do tempo,
con bastantes momentos de sol e con temperaturas moi agradables.
Parece que
durante a vindeira semana o tempo cambiara e nos cruzaran diversas frontes con
choiva e ventos importantes ademais dunha mar moi mala, con moito mar de fondo…precaución
e gozade do Nadal.
O cambio que
teremos durante a vindeira semana será debido o ascenso do anticiclón cara o
nordeste de Europa e a formación de borrascas moi potentes no atlántico. Todo
isto fará que entremos no radio de acción das borrascas e teñamos un tempo mais
acorde a estas datas. Pero tampouco parece un cambio claro de tendencia e que
poidamos dicir que chega o inverno…iremos vendo como evoluciona e que pasa
durante xaneiro.
Predición para os próximos días:
-Venres día 25; será un día de nubes e claros cunhas
temperaturas moi agradables, as máximas andaran polos 17ºC e as mínimas non
baixaran dos 10ºC. Os ventos serán moderados de compoñente sur.
-Sábado
día 26; teremos unha
xornada moi agradable con ceos bastante abertos e temperaturas que tenderan a
subir un chisco. Os ventos continuaran do sur moderados por momentos.
-Domingo día 27; será unha xornada moi agradable aínda que a
derradeiras horas irán aumentando as nubes como anticipo da fronte que se
achega. As temperaturas continuaran moi agradables, en valores semellantes a
xornada anterior. Os ventos serán do sur moderados.
¡¡¡BO NADAL!!!


