xoves, 8 de outubro de 2015

Predición 9/10/2015 o 11/10/2015


Moi boas a tod@s!!!!

Comezamos esta semana cun tempo moi inestable, choivas e ventos intensos foron o predominante nas primeiras xornadas. Logo foi mellorando pouco a pouco e hoxe, xoves gozamos dunha xornada moi agradable. Maña venres teremos unha xornada moi agradable e xa de cara o sábado o tempo ira empeorando pouco a pouco, chegando as choivas que serán intensas por momentos durante a noite do sábado e xornada do domingo.

Os restos do Furacán Joaquín achéganse polo Atlántico, perdendo intensidade e converténdose nunha borrasca. As precipitacións parece que serán algo importantes durante a noite do sábado e a xornada do domingo continuando seguramente o luns.

Parece que a partir de martes-mércores mellorara a situación coa chegada de ventos do nordés, iso si, con mais fresco.

Predición para os próximos días:

-Venres día 9; será unha xornada moi agradable con ceos practicamente despexados e suba das temperaturas, máximas por riba dos 20ºC. Os ventos estarán practicamente en calma.

-Sábado día 10; notaremos un progresivo empeoramento do tempo co amento das nubes e a chegada dalgunha precipitación que durante a noite será intensa. As temperaturas descenderan algo, pero seguiran moi agradables. Os ventos serán de dirección variable frouxos.

-Domingo día 11; teremos un día de abundantes precipitacións, non esta claro en que momento da xornada serán mais frecuentes, pero si se agarda que sexan intensas por momentos. As temperaturas manteranse en valores semellantes e os ventos de dirección variable frouxos en xeral.

¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!