xoves, 3 de setembro de 2015

Predición 4/9/2015 a 6/9/2015


Moi boas a tod@s!!!!!!

Comezamos esta semana cun tempo bastante outonal, con algo de choiva, abundante nubosidade e temperaturas frescas. A situación ira mellorando pouco a pouco e gozaremos dunha fin de semana sen precipitacións e con suba das temperaturas.

Parece que os modelos van coincidindo ata xoves ou venres da vindeira semana e amosan bo tempo en xeral, situación de nordés-leste. Ausencia de precipitacións con algunha nubosidade e moitos momentos despexados. Xa iremos vendo que vai acontecendo e que tempo nos deparara a vindeira fin de semana, cando terán lugar as “III Olimpíadas Rurais de Couzadoiro”.

Despedimos o mes pasado, na nosa comarca, con 4 veces mais precipitación da media dos últimos anos, converténdose no terceiro mes mais chuvioso do que vai de ano. Isto entra dentro da variabilidade climática da nosa rexión e pasa cada certo tempo.

Predición para os próximos días:

-Venres día 4; comezaremos con abundantes nubes que iran dando paso a momentos de sol e cunha tímida suba das temperaturas que roldaran os 20ºC. Os ventos serán do nordés algo moderados nas horas centrais do día.
 
-Sábado día 5; teremos unha xornada de nubes e claros, con mais nubosidade a primeiras horas. As temperaturas máximas andaran polos 20ºC e os ventos continuaran do nordés algo moderados nas horas centrais do día.
 
-Domingo día 6; seguramente sexa o mellor día da semana, con ceos bastante despexados e temperaturas ascendendo, máximas derredor dos 22ºC. Os ventos continuaran do nordés frouxos en xeral.
 
¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!