venres, 25 de setembro de 2015

Predición 26/9/2015 e 27/9/2015


Moi boas a tod@s e desculpade por non ser puntual esta semana!

Comezamos esta semana con algunha precipitación feble. Hoxe xa mellorou bastante a situación e parece que nos manteremos cun tempo parecido durante a fin de semana e cada vez con ceos mais despexados.

Xa estamos no outono e despedimos un verán seco na súa primeira metade e húmido na segunda..veremos que nos depara esta nova estación.

Parece que nos comezos da vindeira semana seguiremos cun tempo parecido, logo parece que pouco a pouco aumentaría a inestabilidade atmosférica.

Predición para os próximos días:

-Sábado día 26; será unha xornada de nubes e claros con mais nubes a primeira e derradeiras horas. As temperaturas subiran e andaran preto dos 25ºC. Os ventos serán do nordés frouxos en xeral.
 
-Domingo día 27; teremos un día con moito sol e temperaturas moi agradables, máximas moi semellantes as do sábado. Os ventos tenderan a coller algo de intensidade e serán moderados de compoñente nordés.
 
                                          ¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!