Moi boas a tod@s!!!!!!
Comezamos
esta semana cun tempo bastante bo, tivemos algunha precipitación o mércores e
na madrugada do xoves pero moi febles. Nas vindeiras xornadas teremos a visita
de varias frontes que nos deixaran algo de choiva.
Parece que
vamos ter un tempo outonal nos vindeiros días, estendéndose esta situación
durante a vindeira semana, seguramente ata xoves non mude moito a situación.
Tampouco vai chover tódolos días, as frontes pasaran; venres a
noite, domingo pola maña, martes … O venres teremos unha maña moi agradable e
sábado tamén teremos unha xornada bastante boa.
Aínda queda
bastante pero é probable que as xornadas de martes, mércores e incluso xoves
teñamos precipitacións abondosas, iremos vendo como evolucionan os modelos e
que acaba pasando finalmente.
Gozade da
fin de semana e lembrade que este sábado son as “III Olimpíadas rurais de Couzadoiro” e o tempo xa sabe o que ten
que facer …
Predición para os próximos días:
-Venres día 11; comezara a xornada cun tempo
bastante agradable, algunha nube alta e temperaturas que subiran. Xa de cara a
tarde, unha fronte irase achegando, aumentando as nubes que se iran facendo
mais compactas para dar paso mais tarde as precipitacións. Os ventos sopraran
do suroeste frouxos en xeral.
-Sábado día 12; teremos un día de transición entre a fronte
da xornada anterior e a que chegara durante as primeiras horas do domingo. Os ceos
alternaran entre nubes e claros e sen precipitacións, de producirse algunha
sería durante as primeiras horas da xornada ou durante a noite, en todo caso,
febles ata a chegada da seguinte fronte. As temperaturas tenderán a descender
algo, con máximas entorno os 20ºC. Os ventos serán frouxos de dirección
variable.
-Domingo día 13; o paso dunha fronte marcara a xornada con
choivas mais persistentes durante as primeiras horas quedando logo unha
xornada de chuvascos intermitentes. As
temperaturas manteranse en valores parecidos e os ventos serán moderados do
suroeste.


