xoves, 20 de agosto de 2015

Predición 21/8/2015 a 23/8/2015


Moi boas a tod@s!!!!!!

Comezamos esta semana con abundantes nubes e algún orballo durante o luns, xa a partires do martes o anticiclón foise achegando a nos e gozamos dun tempo moi agradable. Xa durante os vindeiros días notaremos un empeoramento notable do tempo, sobre todo nas xornadas do sábado e do domingo.

Temos unha zona de baixas presións situada no atlántico norte que tende a desprazarse cara o sur, deixándonos no seu radio de acción, e formando ademais unha pequena baixa que non pasara moi lonxe se nos. Todo isto aportara inestabilidade con choivas, baixada de temperaturas e tamén vento, sobre todo na xornada do domingo.

O luns continuaremos con algunha precipitación e parece que logo novamente teremos bo tempo, aínda que asemella que esa mellora vira cós días contados…iremos vendo.

Predición para os próximos días:

-Venres día 21; será un día de abundantes nubes, sendo mais importantes durante a maña, as temperaturas descenderan, con máximas duns 22ºC. Os ventos serán de dirección variable frouxos.
 
-Sábado día 22; unha fronte irase achegando, aumentando a nubosidade e coido que contra o mediodía cheguen as precipitacións. As temperaturas descenderan roldando os 20ºC. Os ventos serán do oeste frouxos.
 
-Domingo día 23; durante esta xornada unha pequena borrasca irase achegando a nos, acompañada dunha nova fronte, con precipitacións e desta vez tamén con ventos algo fortes por momentos. As temperaturas non mudaran moito ou descenderan algo.
 
¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!