xoves, 2 de xullo de 2015

Predición 3/7/2015 a 5/7/2015


Moi boas a tod@s!!!!!!

Comezamos esta semana con moi bo tempo e temperaturas moi altas. Na xornada do mércores foron entrando e crecendo nubes que durante a tardiña e noite descargaron entre 10 e 20 litros por metro cadrado, choveu mais o mércores que todo o mes de xuño, de feito o último día que recollemos unha precipitación parecida foi o 4 de maio. Por fin nos choveu algo...canto agradecen os cultivos e campos esta auga...

Durante a fin de semana teremos un tempo cambiante, o venres fará moi bo tempo e calor, entraran nubes a tardiña-noite polo achegamento dunha fronte bastante desfeita que deixara algunha precipitación. Xa durante o sábado teremos un día de nubes e claros e coa posibilidade dalgún pequeno chuvasco. O domingo será unha xornada de nubes e claros, con mais nubes a pola maña onde non se descarta algún orballo.

O mes de xuño foi moi seco, caeron menos de 10 litros por metro cadrado, converténdose no mes mais seco na nosa comarca dos últimos 10 anos (e contando tódolos meses do ano, polo que hai mas de 10 anos que nin un agosto, nin setembro … chove tan pouco cantidade nun mes.) As temperaturas estiveron por enriba da media acadándose valores típicos do verán en varias xornadas. E lembrade que estes datos son a modo curiosidade non teñen nada que ver con cambio climático senón mais ben coa variabilidade climática, e dicir coas diferenzas que temos dun mes a outro, dun ano a outro, dun inverno a outro ….

Predición para os próximos días:

-Venres día 3; teremos un día de ceos moi abertos que se iran cubrindo contra a tarde-noite, cando chegara algunha precipitación feble. As temperaturas subiran e acadaran valores de ata 26-27º C nalgunhas zonas da comarca. Os ventos iran adquirindo compoñente suroeste e serán frouxos.
 
-Sábado día 4; será un día de nubes e claros e coa posibilidade dalgún chuvasco moi feble mais probable na primeira metade do día. As temperaturas descenderan 3 ou 4 grados e os ventos serán de dirección variable frouxos.
 
-Domingo día 5; teremos unha xornada de nubes e claros, cós ceos mais cubertos durante a maña, onde pode caer algún orballo. As temperaturas descenderan novamente, quedando as máximas arredor dos 21ºC e os ventos continuaran frouxos de dirección variable.
 
 ¡¡¡BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!