venres, 24 de xullo de 2015

Predición 24/7/2015 a 26/7/2015


Moi boas a tod@s!!!!!!

Comezamos esta semana con bo tempo, aínda que o martes nos rozou unha fronte que deixou nubosidade abundante e tamén algunha choiva moi feble nalgunhas zonas da nosa comarca. Mércores e sobre todo hoxe, xoves, gozamos de bo tempo e unha suba importante das temperaturas.

Maña, venres, unha fronte cruzaranos durante toda a xornada con precipitacións. O sábado teremos unha mellora transitoria do tempo, cunha xornada de nubes e grandes claros e o domingo unha nova fronte aportara nubes e algunha precipitación.

Durante a vindeira semana parece que continuaremos  cun tempo algo inestable. Algunha fronte rozaranos e deixara precipitacións..veremos como evoluciona e a precipitación que rexistramos.

Predición para os próximos días:

-Venres día 24; será unha xornada de abundante nubosidade e precipitacións, febles pero poidan que persistentes por momentos do día. As temperaturas máximas descenderan algo e as mínimas subiran.  Os ventos comezaran do suroeste algo moderando e logo iran xirando. A medida que os ventos vaian adquirindo compoñente norte descenderan as temperaturas.
 
-Sábado día 25; notaremos un cambio importante no tempo, cunha suba das temperaturas e unha xornada de nubes e claros, con tendencia a quedar unha tarde totalmente despexada. Os ventos serán frouxos de dirección variable.
 
-Domingo día 26; novamente mudara o tempo, unha fronte irase achegando a nos, aumentando a nubosidade e deixando precipitacións mais probables pola tarde. As temperaturas non mudaran gran cousa, pero tenderan a descender por mor da nubosidade. Os ventos serán do suroeste algo moderados por momentos.
 
¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!