xoves, 16 de xullo de 2015

Predición 17/7/2015 a 19/7/2015


Moi boas a tod@s!!!!!!

Comezamos esta semana con bo tempo novamente e parece que moito non mudara no que resta de semana. Teremos os ventos de dirección variable, pero maioritariamente serán do oeste, achegando algo de humidade pero moi dificilmente chovera e de facelo será en forma de orballo moi feble.

As borrascas situadas no atlántico norte tenderon a desprazarse algo o sur ocasionando un cambio na dirección do vento, que manterá unhas temperaturas altas e con humidade. Algunha fronte moi desfeita rozaranos nas vindeiras xornadas, facendo aumentar a nubosidade por momentos e non descartando algún orballo.

Na vindeira semana parece se volve a intuír algunha precipitación, así xa me pasou a semana pasada e…a ver que pasa, pero a seca comeza a ser importante  e os nosos campos, cultivos, xardíns, fontes, regatos...teñen ganas dunha pouca de auga. A seca que temos neste momento é comparable a que podemos ter nun ano normal no mes de setembro.

Gozade do festival de Ortigueira e non vos preocupedes polo tempo que será bastante bo!!!

Predición para os próximos días:

-Venres día 17; será unha xornada de nubes e claros coa posibilidade dalgunha pequena orballada, mais probable pola maña e durante a noite, de caer algo será moi pouca cousa. As temperaturas máximas descenderan algo, pero andaran preto dos 25ºC nas zonas mais favorables e as mínimas arredor dos 15ºC. O vento será de dirección variable frouxiño.
 
-Sábado día 18; teremos novamente un día de nubes e claros con tendencia a aumentar a nubosidade a medida que avance a xornada e xa durante a noite podemos ter algún orballo moi feble. As temperaturas manteranse en valores moi semellantes e os ventos serán do oeste-suroeste frouxos.
 
-Domingo día 19; será unha xornada de nubes e claros con grandes momentos de sol. As temperaturas continuaran en valores semellantes e os ventos serán do oeste frouxos.
 
 ¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!