xoves, 9 de xullo de 2015

Predición 10/7/2015 a 12/7/2015


Moi boas a tod@s!!!!

Comezamos esta semana con bastante bo tempo. O martes tivemos un día de bastante nubosidade e tamén orballos, logo volveu o anticiclón a dominar o panorama. Maña venres teremos un día bastante bo, iran entrando nubes que durante a maña do sábado poden deixar algún orballo, quedando unha tarde de nubes e claros. O domingo teremos unha situación moi semellante a do sábado.

Iremos vendo como evoluciona a atmosfera e que pasa durante a vindeira semana, na que parece que teremos bo tempo na primeira metade podéndose complicar na fin de semana...queda bastante e tomádeo con cautela.

Predición para os próximos días:

-Venres día 10; será unha xornada moi agradable con ceos bastante despexados e coa entrada de nubes que se iran facendo mas compactas pola noite. As temperaturas subiran, superándose os 25ºC en puntos da comarca. Os ventos serán algo moderados do suroeste.
 
-Sábado día 11; comezara o día con moitas nubes e algún orballo, xa durante a tarde tenderan a abrirse claros. As temperaturas descenderan moderadamente quedando as máximas de arredor dos 20-21ºC. Os ventos serán do norte frouxo e iran xirando para rematar a xornada de compoñente nordés.
 
-Domingo día 12; teremos unha xornada semellante a do sábado, pero seguramente que sen orballos. As temperaturas continuaran en valores semellantes e pouca oscilación termica. Os ventos serán do nordés frouxos.


 ¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!