xoves, 23 de abril de 2015

Predición 24/4/2015 a 26/4/2015


Moi boas a tod@s!!

Comezamos esta semana cun tempo bastante primaveral, sol, algunha choiva e temperaturas agradables aínda que con grandes contrastes dun día a outro. Hoxe pola noite entrara unha fronte que deixara chuvias durante a madrugada e tamén na xornada de maña venres. O sábado unha nova fronte, seguramente que mais activa , volvera a deixar precipitacións, mais importantes pola tarde-noite. O domingo notaremos un acusado descenso das temperaturas e seguiremos con algo de choiva.

Temos unha borrasca o norte das illas azores que nos vai complicar o tempo durante a fin de semana. As baixas presións tenderan a ir desprazándose cara o leste, deixando a nosa comarca no seu radio de acción, con precipitacións e ventos moderados que comezaran do suroeste, mantendo as temperaturas suaves,  logo xiraran a noroeste-norte (xa na xornada do domingo, previsiblemente pola tarde) traendo así, un acusado descenso das temperaturas.

Predición para os próximos días:

-Venres día 24; termos un día de abundantes nubes e precipitacións intermitentes, as temperaturas descenderan algo as máximas pero seguiremos en valores agradables(preto dos 20ºC). Mentres que as mínimas subiran con respecto a hoxe bastante. Os ventos serán de suroeste moderados.

Na imaxe vemos un centro de baixas presións o norte das azores encargado de enviarnos a fronte.

-Sábado día 25; parece que unha nova fronte nos cruzara durante a tarde-noite, provocando un aumento da nubosidade e a chegada de precipitacións que prometen ser de maior intensidade que as da xornada anterior. Os ventos sopraran do suroeste moderados e as temperaturas manterán valores moi similares.

Na imaxe observamos o achegamento das baixas presións, propiciando unha maior inestabilidade.

-Domingo día 26; será unha xornada novamente de precipitacións, aínda que menos importantes e de tipo chuvasco. As temperaturas tenderan a baixar, sobre todo as máximas que andaran polos 16ºC. Os ventos comezaran do suroeste moderados para ir xirando e perdendo intensidade cara o norte.

Na imaxe vemos coma a borrasca vai pasando e os ventos van mudando de dirección.


  ¡¡¡¡¡¡BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!!!