Moi boas a tod@s!!!!
Comezamos
esta semana cun tempo marabilloso moito sol e temperaturas moi altas, superándose
os 25ºC . Xa na xornada do mércores comezaron os cambios e chegaron as chuvias,
que por certo fan falta xa que levamos unha tempada con escasas precipitacións
e condicións favorables a perda de auga (moito vento, tamén algo de calor…). Na
primavera ten que chover para que todas a plantas se desenrolen correctamente e
non só falo da horta.
¡¡¡BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!
Atopámonos nunha
situación de aire frío en altura con baixas presións en altura e baixas
relativas en superficie. Isto condicionara o tempo na nosa comarca propiciando
chuvascos en calquera momento do día aínda que mais probables polas tardes e
podendo prolongarse esta situación durante gran parte da vindeira semana. Non
digo que vaia chover todos os días, teremos un tempo variable, moi primaveral,
aínda que as temperaturas descenderon de forma considerable e marcaran valores
normais para estas datas.
Realmente
estas situacións son moi complicadas de predicir, xa a semana pasada o
comentei, xa que tivemos unha situación similar, aínda que mais transitoria e
menos marcada a inestabilidade, veremos como evolucionan estes días e o que
podemos aprender…
Predición para os próximos días:
-Venres día 17; teremos unha xornada de bastante nubosidade,
se cadra algún claro contra o mediodía, pero o largo da tarde chegaran chuvias,
mais importantes durante a noite. As temperaturas máximas andaran polos 17ºC e
os ventos serán de dirección variable frouxiños.
Na imaxe
vemos as baixas presións en altura acompañadas dunha pequena bolsa de aire
frío.
-Sábado día 18; penso que será unha xornada bastante
inestable, coa bolsa de aire frío situada encima nosa propiciando choivas e
ceos moi cubertos durante toda a xornada. As temperaturas tenderan a descender
un pouco, quedando as máximas nos 15ºC e os ventos continuaran frouxiños.
Na imaxe
vemos o aire frío e as baixas situadas enriba nosa.
-Domingo día 19; continuaremos cun tempo parecido aínda que
penso que algo mellor e xa non debería chover moito…pero nestas situacións e
bastante complicado sabelo... As temperaturas manteranse en valores parecidos e
os ventos serán frouxos ou algo moderados de dirección variable.
Na imaxe
observamos como aire frío se retira lixeiramente, aínda que polo atlántico
parece que chega mais…
¡¡¡BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!


