xoves, 29 de xaneiro de 2015

Predición 30/1/2015 a 1/2/2015

Moi boas a tod@s!!!!!

Comezamos esta semana cun tempo algo mellor que a semana pasada, as nubes estiveron presentes e tamén algunha precipitación feble. A partir de hoxe temos un importante cambio de tempo, un cambio que a todos os apasionados a meteoroloxía nos encanta. Un potente centro de baixas presións instalase sobre Europa mentres o anticiclón das azores tende a desprazarse o norte, formando así un corredor de ventos de noroeste primeiro e norte posteriormente. Isto provocara a entrada dunha masa de aire polar marítima que nos traerá de todo; moita choiva (seguramente que dende hoxe ata luns se recollan uns 100litros por metro cadrado ou mais,o que fara que os nosos ríos baixen ben cheos,¡OLLO!), ventos intensos, ondas moi importantes, treboadas, granizo e incluso neve nalgunhas zonas da nosa comarca. A neve, o fenómeno meteorolóxico menos habitual da nosa comarca, fara acto de presencia na tardiña e mais ben na noite do sábado, posiblemente a partir duns 400 m.
Na xornada de hoxe xa chove e o vento tamén se deixa notar, as ondas iran aumentando, maña continuaremos cun tempo parecido incluso con choivas algo mais importantes. Será xa na xornada do sábado cando o vento xire a compoñente norte e arrastre esa masa de aire frío que nos traera chubascos importantes de granizo, acompañados de treboadas e cun importante e progresivo descenso das temperaturas, a sensación será de moito frío, xa de cara a noite chegara a neve as zonas mais altas da comarca. Na xornada do domingo non agardo cambios importantes, iso si a cota de neve ira subindo o longo da xornada.
Os amantes a meteoroloxía amamos este tipo de situacións por diversos motivos, un deles e que podes ver moitos tipos de fenómenos, ademais aprendese moito, nunha situación anticiclónica as variables son menos e poucas cousas poden pasar. 
Gozade xa que sei que a moitos tamén vos gustan estas situacións e sobre todo cando temos a posibilidade de ir ver a neve non moi lonxe da casa e algúns incluso na súa casa. 
A situación da vindeira semana non esta moi clara, despois desta entrada fría parece que se mantera un tempo inestable e frío durante gran parte da semana. Parece que podemos ter un mes de febreiro bastante entretido pero xa iremos vendo e confirmando e a ver se podemos ver durante este mes a neve o nivel do mar ou case, de momento promete, xa que nalgunha saída dos modelos se ven tendencias interesantes, sobre todo para os amantes do frío e da neve.

Predición para os próximos días:

-Venres día 30; teremos unha xornada bastante chuviosa (os ríos encheran bastante neste día e non descarto algunha enchente), os ventos serán moderados ou incluso fortes nas zonas altas, serán de compoñente Oeste-Noroeste. As temperaturas aínda se manterán bastante suaves e con pouca oscilación entre máximas e mínimas, podendo acadarse 12 ou 13ºC nalgunha zona da comarca. 
Na imaxe pódese observar como unha potente borrasca a todos os niveis se sitúa sobre Europa, mandando frontes e ventos importantes, así como se tende a crear unha unión anticiclónica no atlantico, esta provocara a chegada dunha masa de aire polar marítima de cara a fin de semana

-Sábado día 31; será unha xornada moi desapacible, con posibles treboadas, precipitacións intensas e por momentos posiblemente de granizo, iso si podemos ter algún claro e as choivas non serán tan persistentes como na xornada do venres. Os ventos seguiran moderados ou algo fortes e irán xirando a compoñente norte provocando un descenso acusado das temperaturas duns 4 ou 5ºC e cunha sensación de moito frío, de cara a tardiña e mais ben a noite aparecera a neve nas zonas altas da comarca, probablemente neve a partir duns 400m. Pode caer algunha folerpa en zonas mais baixas pero moi dificilmente callara, seguramente que o amencer do domingo a neve este callada por enzima dos 400-450m.
Na imaxe observamos como as altas presións das azores ascenden polo atlántico en busca das altas de Groenlandia provocando a xa citada entrada de norte sobre a comarca.

-Domingo día 1; non teremos cambios importantes e seguiremos con chubascos, poida que menos importantes que na xornada anterior. O vento será xa mais frouxo e as temperaturas continuaran moi frías con valores máximos que nas zonas mais altas non pasaran dos 5ºC e na costa andaran polos 8 ou 9ºc. A cota de neve ira subindo situandose pola maña nos 600m e subindo de cara a tarde.
Na imaxe vemos como unha borrasca se cola entre as altas presións con dirección o Golfo de Vizkaia traendo novamente precipitacións e frío para a vindeira semana...

¡¡¡BOA FIN DE SEMANA A TOD@S !!!