Moi boas a tod@s!!!!!!
Comezamos esta semana parecida a pasada, moita
nubosidade e algunha precipitación. A situación manterase moi semellante ata o
domingo, xornada na que o anticiclón desprazarase cara a península. Isto fará que a partir do
domingo os ventos muden a compoñente Nordés e sexan mais secos. O movemento do anticiclón
traeranos un comezo de semana sen precipitacións e con grandes claros, iso si,
con descenso das temperaturas mínimas e posibilidade dalgunha xeada. Este
movemento tamén abrira as portas a novas situacións de cara finais da semana
que ven. Penso que noite boa e o día de Nadal fará bo tempo e de cara a fin de
semana que ven poida que mude o tempo cara unha situación moito mais fría…aínda
queda moito e todo son tendencias das últimas saídas pero parece que podemos ter
unha entrada de aire frío para finais deste ano e comezos do novo. Xa veremos
esta posibilidade o xoves que ven…
BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!!
Levamos unhas xornadas con altas presións
preto, pero continuamos con moita humidade xa que o vento en superficie chéganos
do norte ou do oeste cargado de moita humidade, outro factor moi importante que
podedes observar no mapa de sábado, no cal en superficie temos o anticiclón
case enriba, pero unha fronte moi desfeita chega a nós. Esta vese favorecida polos
ventos en altura que son de compoñente noroeste (para velo no mapa fixádevos na
gama de cores, os cálidos son de altas presións, con xiro dos ventos no sentido
horario).
Predición para os próximos días:
-Venres día 19; comezara a xornada con menos nubes que a de
hoxe pero irán aumentando e deixando choivas febles de cara a noite. As
temperaturas máximas manteranse en valores parecidos chegando os 13ºC e as
mínimas baixaran. Os ventos serán de compoñente oeste frouxos en xeral.
-Sábado día 20; será unha xornada moi cuberta e con choivas
febles e mais probables pola maña. As temperaturas máximas non experimentaran
cambios, mentres que as mínimas subiran, habendo pouca oscilación térmica. Os
ventos continuaran do oeste frouxos.
-Domingo día 21; notaremos unha notable mellora do tempo,
quedaranos unha xornada de nubes e claros e cunhas temperaturas mínimas que
descenderan e unhas máximas que se achegaran os 14ºC. Os ventos tenderán a coller
compoñente nordés e serán frouxos.
BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!!


