xoves, 6 de novembro de 2014

Predición 7/11/2014 a 9/11/2014


Moi boas a tod@s!!!! !!

Comezamos esta semana cun tempo moi inestable, choiva, vento, raios, ondas e incluso granizo…foron a tónica destas últimas xornadas. A situación non mellorara moito nos vindeiros días xa que continuaremos cun potente bloqueo anticiclónico sobre Europa encargado de desviar as borrascas co seu aire frío asociado cara as nosas latitudes.

Maña venres teremos unha xornada de nubes e claros con algún chuvasco, o sábado unha nova fronte nos atravesara deixando choivas abundantes e o domingo quedaremos novamente nunha xornada de chuvascos.

Despois das últimas semanas de outubro dun tempo moi caloroso comezamos o novo mes cun cambio drástico de tempo que parece que se manterá así unha tempada…de momento non se albiscan cambios e así seguiremos a lo menos unha semana mais.

O mes de outubro foi seco e cunhas temperaturas moi por encima da media. A temperatura media foi 3ºC mais alta como consecuencia das derradeiras semanas do mes onde as temperaturas foron moi altas con algunha noite moi cálida.

Predición para os próximos días:

-Venres día 7; tralo paso da fronte da noite do xoves quedaremos nunha zona de chuvascos con momentos de sol. As temperaturas descenderan con respecto a hoxe quedando as máximas próximas os 15ºC. Os ventos serán de Oeste-Suroeste frouxos aumentando a moderados e con compoñente Suroeste de cara a noite.

-Sábado día 8; unha fronte activa cruzaranos deixándonos choivas intensas por momentos . A xornada comezara con ventos moderados de compoñente Suroeste que logo irán amainando dando paso as choivas que irán gañando intensidade. Xa contra a tarde-noite a fronte terá pasado e entraremos novamente nunha situación de chuvascos. As temperaturas descenderan tralo paso da fronte.

-Domingo día 9; será un día de chuvascos e momentos de sol. Algún deses chuvascos pode vir acompañado de tormentas novamente, así como de algún granizo. As temperaturas tenderan as descender, moito mais acusado este descenso nas mínimas. Os ventos serán frouxos con tendencia a teren compoñente Noroeste.


BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!!