xoves, 2 de outubro de 2014

Predición 3/10/2014 a 4/10/2014


Moi boas a tod@s!!!! !!

Comezamos esta semana con bo tempo e o novo mes tamén comezou cun tempo moi agradable e  ceos despexados. Parece que maña teremos un día moi bo incluso con suba de temperaturas. O sábado xa se estragara este tempo tan agradable, unha fronte moi desfeita rozaranos e deixara algunha choiva e un importante descenso de temperaturas, mais acusado durante a tarde. Será un pequeno anticipo do outono que comezaremos a sentir durante a vindeira semana. O domingo teremos unha xornada de nubes e claros e coa posibilidade dalgún chuvasco illado.

Na vindeira semana un centro de baixas presións profundo situarase u oeste de Irlanda, nesa posición permanecera estacionario varias xornadas debido a un bloqueo que se configurara en Centro-Europa . Isto ocasionara a chegada de ventos de compoñente Suroeste-Oeste que traerán precipitacións e tempo claramente outonal.

Aproveitade estes días para recoller froita ou incluso algunha semente que aínda este na horta e tamén pa sementar os nabos os poucos que quededes por facelo. Parece que a vindeira semana o tempo non acompañara moito e ademais froitas como figos e uvas esta choiva non lles fará nada ben.

Predición para os próximos días:

-Venres día 3; será unha xornada moi agradable con algunha nube mais que hoxe, pero con menos vento e mais calor, as temperaturas máximas nas zonas mellor expostas alcanzaran os 25 ou 26ºC. Os ventos serán frouxos de Nordés xirando a Suroeste pola tardiña-noite.

-Sábado día 4; teremos un importante cambio de tempo, con baixada das temperaturas máximas do orde de 5ºC e suba das mínimas. As choivas aparecerán en calquera momento pero mais probables durante a tarde e non serán moi importantes. Os ventos comezaran de Suroeste moderados para mudar a Noroeste e a Nordés xa durante a noite.

-Domingo día 5; despois do paso da fronte bastante desfeita da xornada anterior o tempo tendera a mellorar quedando un día de nubes e claros e coa posibilidade dalgunha precipitación feble. As temperaturas manteranse en valores parecidos ou poida que suban moi lixeiramente.


BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!!