xoves, 23 de outubro de 2014

Predición 24/10/2014 a 26/10/2014


Moi boas a tod@s!!!!

Comezamos esta semana con moi bo tempo, sol e temperaturas altas. Parece que non mudara gran cousa no que resta de semana, iremos perdendo algo a influencia anticiclónica e aumentaran as nubes pero as temperaturas seguiran en valores altos para finais de outubro.

Xa de cara a vindeira semana mudara algo a situación e nos chegara algunha choiva, aínda que realmente non se ve gran cousa de momento.

Gozade estes días do tempo agradable que teremos xa que moi raro será volver a ter estas temperaturas ata dentro duns cantos meses…aínda que nunca se sabe que isto da meteoroloxía e tan imprevisible…

Predición para os próximos días:

-Venres día 24; teremos unha xornada de calor e abundantes nubes, polo que teremos bochorno con temperaturas próximas os 25ºC e unhas mínimas tamén moi altas incluso próximas os 20ºC nalgunhas zonas da comarca. O vento estará practicamente en calma.

-Sábado día 25; nesta xornada descenderan algo as temperaturas e seguiremos con abundantes nubes pero con tamén con momentos de sol, mais probables a tarde. Os ventos serán frouxos de dirección variable.

-Domingo día 26; seguramente suban algo as temperaturas e volvamos a valores parecidos os do venres e a xornada transcorrerá novamente con nubes e momentos de sol e ventos en calma ou moi frouxos de dirección variable.



BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!!