xoves, 9 de outubro de 2014

Predición 10/10/2014 a 12/10/2014


Moi boas a tod@s!!!!

Comezamos esta semana cun tempo bastante outonal e parece que así seguiremos unhas cantas xornadas mais. Maña seguramente sexa o mellor día o sábado unha pequena baixa aproximarase a nos e deixara algo de choiva mais importante na xornada do domingo.

A vindeira semana comezara coa mesma tendencia que esta, poida que a partir do martes-mércores tenda a mellorar…pero aínda queda bastante tempo.

Predición para os próximos días:

-Venres día 9; teremos unha xornada de nubes e claros e sen choiva, de chover serán 4 gotas pouco importantes pero o mais seguro e que non choiva. As temperaturas subiran algo, máximas entorno os 20ºC e os ventos serán frouxos de compoñente suroeste.

-Sábado día 10; unha pequena borrasca situarase moi preto de nos condicionando a xornada e provocando así un aumento progresivo da nubosidade e con algunha choiva sobre todo pola tarde e de cara a noite. As temperaturas baixaran un chico e seguro que non chegaremos os 20ºC pero tampouco quedaremos moi lonxe. Os ventos serán frouxos de dirección variable.

-Domingo día 11; o mais probable e que sexa o peor dos tres días, coa borrasca situada enriba de nos. As precipitacións poden acadar certa intensidade e as temperaturas descenderan, sobre todo as máximas que andaran polos 16ºC nos mellores lugares da comarca. Teremos pouca oscilación térmica xa que a temperatura mínima e máxima será moi semellante. Os ventos serán de dirección variable algo moderados por momentos.

 
BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!!