Moi boas a tod@s e perdoade polo retraso…pero
onte foime imposible!!!!
Comezamos esta semana con bo tempo en xeral,
tivemos presenza dalgunha nube pero sen precipitacións e cunhas temperaturas
bastantes modestas.
Hoxe améncemos cos ceos bastantes nubosos e
con tendencia a iren desaparecendo as nubes, tendencia que continuara maña, xa
cunha xornada mais solleira. O domingo e o luns teremos dúas xornadas bastante
boas e con suba das temperaturas. Xa o martes unha fronte, parece que bastante
desfeita, nos deixara algunha precipitación.
Boa fin de semana a tod@s!!!
Predición para os próximos días:
-Sábado día 23; teremos unha xornada de alternacia de nubes e
claros con tendencia a quedar o ceo bastante despexado. As temperaturas tenderan
a subir e pasaremos dos 20ºC. Os ventos serán frouxos de compoñente
norte-nordés.
-Domingo día 24; será un día bastante despexado e cunha suba
das temperaturas que se aproximaran os 25ºC. Os ventos serán de compoñente
nordés frouxos.
Boa fin de semana a tod@s!!!

