xoves, 24 de xullo de 2014

Predición 25/07/2014 a 27/07/2014


Moi boas a tod@s!!!!

Comezamos esta semana cun tempo seco e soleado e con algo de calor. Onte xa comezaron a entrar nubes como anticipo do día cuberto de hoxe.  Maña teremos unha xornada parecida, coa posibilidade dalgunha chuviscada pola maña, o sábado e o domingo serán en xeral xornadas de nubes e abundantes claros e con suba das temperaturas. Todo parece indicar que acabaremos o mes cun tempo moi parecido o do fin de semana.

Parece que esta será a mellor semana deste Xullo caracterizado pola abundante nubosidade e as choivas que impediron recoller moita da herba seca. Nos próximos días se chove será maña venres pola maña e pouca cousa tendo logo bo tempo para todas estas tarefas.

Predición para os próximos días:

-Venres día 25; as nubes serán moi abundantes durante a maña podendo descargar algún orballo moi feble. Xa pola tarde teremos algún claro. As temperaturas tenderán a subir e as máximas andaran polos 24ºC. Nesta xornada os ventos serán de compoñente nordés frouxos podendo ser algo moderados durante a tarde.

-Sábado día 26; a tendencia será cara unha mellora do tempo con abundantes claros e suba das temperaturas, podendo superarse os 25ºC. Os ventos serán de compoñente Nordés frouxos en xeral e tendendo a moderados pola tarde.

-Domingo día 27; a xornada será moi semellante a do día anterior, cunhas temperaturas moi semellantes e cun vento que manterá a súa dirección nordés así como a súa intensidade frouxa ou algo moderada.


Boa fin de semana a tod@s!!!