xoves, 19 de xuño de 2014

Predición 20/06/2014 a 22/06/2014


Moi boas a tod@s! Hoxe retraseime un pouquiño …

Comezamos esta semana con bo tempo aínda que nalgunha xornada tivemos ventos desagradables de compoñente nordés (NE). Hoxe foi o día mais caloroso do que vai de semana, o redor de 25 grados de máxima. A partir de maña estaremos afectados por un embolsamento de aire frío en altura e unha pequena borrasca en superficie, falamos dunha BFA (Borrasca Fría Aislada). Isto condicionara o tempo das vindeiras xornadas, onde teremos calor, sensación de bochorno e algunha tormenta polas tardes. As situacións de tormentas son moi complicadas de concretar, xa que todos sabedes que as veces cae unha nun punto determinado e a  1 km  esta todo seco. Tede presente que a posibilidade terémola nas vindeiras xornadas así como nos comezos da semana que ben e algunha caera!!!

Quería comentarvos a modo curiosidade que os raios poden ir en todas direccións, de nube a nube, dentro da mesma nube, de nube a terra e incluso de terra a nube.

Nestas xornadas deberiamos aproveitar as mañas xa que con toda probabilidade teremos mellor tempo . Quero facer unha especial mención o reto "Móvete pola ELA - 12 horas de carreira non-stop" que terá lugar o sábado dende as 8 da maña as 8 da tarde en Ortigueira. A xornada comezara con bo tempo, algunha nube e con temperaturas mais baixas que maña, máximas entorno os 22-23 grados, con bastante humidade e sensación de calor. O vento estará en calma. Con algo de sorte non chovera, de facelo será pola tarde e a xente que este correndo poida que aínda agradeza un refresco…Moito animo a tod@s!!!

Predición para os próximos días:

-Venres día 20; a calor xunto a unha alta humidade deixaranos unha xornada bochornosa con desenrolo de nubes de evolución pola tarde e unha alta probabilidade de tormentas que algunha nos tocara. As temperaturas serán altas con valores superiores os 25 grados e cunha sensación térmica aínda mais alta. Os ventos serán frouxos variables.
 

 

-Sábado día 21; as temperaturas descenderan e a xornada quedara mais agradable. Pola tarde as nubes de evolución volveran medrar e poida que teñamos algunha tormenta. Os ventos continuaran moi frouxos de dirección variable.

 

-Domingo día 22; seguiremos cunha situación moi parecida a xornada anterior, con mellor tempo pola maña podendo estragarse pola tarde coa presenza dalgunha tormenta. As temperaturas continuaran moi agradables, con sensación de calor. Os ventos no mudaran serán moi frouxos de dirección variable.


Boa fin de semana a tod@s