xoves, 22 de maio de 2014

Predición 23/05/2014 a 25/05/2014


Moi boas a tod@s!

Comezamos esta semana cun cambio de tempo importante. As temperaturas descenderon considerablemente e as choivas foron aparecendo aínda que tamén algunha raiola de Sol. Parece que o tempo non ten pinta de mudar nas vindeiras xornadas e incluso me atrevería a dicir no que resta de mes. A situación será moi parecida, con algún dia mellor pero moi similares a estes últimos.

¡Nunca chove a gusto de todos! A pesar do que moitos poidan pensar as choivas do inverno non evitan que poidamos ter unha seca importante no remate do verán. A primavera esta sendo seca e de vir un verán seco poderíamos ter problemas serios en setembro e incluso outubro. A nosa terra seca moi axiña, fixádevos como ían os ríos xa…e aínda estamos a pouco mais que a mediados de mes de maio. O campo e a horta tamén precisan esta choiva, a nosa terra e verde e chea de regatos e ríos que necesitan alimentarse. En conclusión esta choiva esta sendo ben vida e penso que sería positivo ter algo mais de choiva durante dúas ou tres semanas e logo xa gozar de bo tempo no verán sen esquecer que algún día ocasional, no verán, a choiva tamén é necesaria. Espero non molestar a ninguén coa miña opinión, e tede en conta que o tempo comportarase como el queira e eu estarei aquí tratando de facer a mellor predición.

Estes vindeiros días as actividades o aire libre estarán moi condicionadas polo tempo, aínda que agardo que as choivas non sexan continuas, si poderán aparecer en calquera momento e con sensación de frío. Os traballos no campo tampouco terán un tempo apropiado pero de tódolos xeitos sempre se pode saír a pasear, coñecer, visitar...Levade algún paraugas ou chuvasqueiro e aproveitade as raiolas de sol que algunha teremos.

Estoume liando moito pero tamén me gustaría explicarvos a situación que estamos a vivir.

Temos altas presións en centroeuropa ben definidas, tanto en altura como en superficie ocasionando un bloqueo e impedindo que as borrascas sigan a súa traxectoria típica (de oeste a este) descolgándose así unha potente bagoada con moito aire frío. Esta situación manterase así mentres continúe o bloqueo. Noutro momento explicareivos o que é o “jet stream” e a importancia que ten pero por hoxe vai dabondo.

 
Predición para os próximos días:

-Venres día 23; non teremos cambios salientables nas condicións do tempo con respecto a xornada de hoxe, poida que baixen un chisco as temperaturas, con valores que non superaran os 15 grados. Os chuvascos serán mais frecuentes e importantes pola maña e o vento será de compoñente oeste (W) noroeste (NW) algo moderado.

 

-Sábado día 24; nesta xornada o tempo non cambiara moito, os chuvascos poderán aparecer en calquera momento e o ambiente seguira a ser fresco, con temperaturas que poida que baixen aínda algo ou se manteñan, máximas inferiores a 15 grados. O vento tendera a ser de compoñente noroeste (NW) frouxo.

 

-Domingo día 25; Seguiremos coa mesma tendencia que días anteriores, chuvascos intermitentes e probables en calquera momento do día, temperaturas frescas e ventos que continuaran sendo de compoñente noroeste (NW) frouxos.


Boa fin de semana a tod@s