xoves, 10 de abril de 2014

Predición 11/04/2014 a 13/04/2014


Moi boas! Xa estamos a xoves, a fin de semana esta pretiño e toca falar un pouco do tempo.

Comezamos a semana con tempo moi primaveral, algo de choiva o luns e hoxe xoves. A tendencia e a seguir con este tempo aínda que as temperaturas baixaran bastante con respecto o día bochornoso de hoxe.

Para Semana Santa podo observar (vendo o que amosan os modelos estes días) que teremos un tempo estable os primeiros día da semana, empeorando a partir do mércores, cando comezaremos con precipitacións  e un descenso das temperaturas moi acusado. Esta predición é moi complicada, pero esa é a tendencia que se ve hoxe e se leva vendo xa  uns días.



Nas miñas predicións pouco a pouco tratarei de ir poñendo algún exemplo de actividades ou traballos que poderemos facer durante os días da predición. Estas actividades sempre estarán vinculadas a Comarca e moitas delas serán de  agricultura e gandería, sector que ocupa unha gran porcentaxe de xente da nosa Comarca. Esta fin de semana a humidade será moi abundante con algunha choiva a cal limitara un pouco algunha actividade, de todas maneiras o que choiva será moi pouco e miudiño polo que nada de quedar na casa a saír e desfrutar da nosa marabillosa Comarca.

Predición para este fin de semana:

-Venres día 11; teremos unha xornada con restos de aire frío en altura con nubosidade abundante e algunha choiva mais probable a primeira e ultimas horas da xornada. Nas zonas mais altas e probable que teñamos néboas. Os ventos serán de compoñente Nordés, e as temperaturas baixaran bastante con respecto o día de hoxe.

-Sábado día 12; a nubosidade seguira abundante sobre todo nas primeiras e derradeiras horas da xornada, onde de novo teremos a posibilidade de algunha auga, pero moi pouca cousa. Nas zonas mais altas volve ser probable a presenza dalgunha néboa. Os ventos continuaran de compoñente Nordés e as temperaturas moi parecidas o día anterior.

-Domingo día 13; previsiblemente as nubes non serán tan abundantes e as posibilidades de algunha precipitación desapareceran. Os ventos colleran unha compoñente mais leste e as temperaturas poida que suban algo.