Moi boas, parece que temos ponte a vista e
toca mirar po ceo…
Comezamos esta semana con moita humidade e
precipitacións pouco importantes pero persistentes por momentos, as temperaturas
estiveron bastante contidas e con pouca oscilación. Así remata este mes de abril
que foi algo seco e tamén algo cálido, veremos que nos depara maio.
De cara
a estes vindeiros días espéranos unha mellora lenta e progresiva do tempo, digo
así por que maña aínda teremos posibilidade dalgunha choiva, o venres e sábado
seguiremos con nubes e tamén momentos de sol, mentres que as temperaturas continuaran parecidas. Parece que
o domingo será o mellor día, cunha suba das temperaturas e abundante sol, aínda
que todo parece indicar que a partir do martes poderíamos ter algo de choiva
novamente, pero queda tanto…
Penso que esta ponte pode ser boa pa facer
traballos na horta, o sábado e o domingo será cando mais seco este todo, o mellor non viña mal botar o mainzo...o luns
tamén ten pinta de ser un bo día.
Ademais o tempo non impedira as actividades o
aire libre, agás na xornada de maña que algo pode chover pero será moi pouca
cousa, aproveitade e disfrutade da ponte.
Predición para os próximos días:
-Xoves día 1; a xornada comezara cos ceos cubertos
e con posibilidade dalgún orballo que a medida que avance a xornada
desaparecera, algo poderemos ver o sol…Os ventos serán de compoñente oeste (W)
noroeste (NW) frouxos e as temperaturas continuaran en valores moi semellantes
os de hoxe, máximas entorno os 15 grados.
-Venres día 2; o tempo tendera a cambiar, os
ventos pasaran a compoñente norte (N) nordés (NE) frouxos, conterán as
temperaturas que non subiran. O estado do ceo manterase entre nubes e claros e
non chovera.
-Sábado día 3; seguiremos con nubes e claros,
mas abundantes nas primeiras e derradeiras horas da xornada, os ventos sopraran
de compoñente nordés (NE) e as temperaturas tenderan a subir algo, máximas próximas
os 17 grados.
-Domingo día 4; parece que teremos a mellor
xornada cunha importante subida das temperaturas que superaran os 20 grados. O
sol estará presente durante toda a xornada e os ventos tenderan a compoñente
leste (E) moderados.
Boa fin de semana a tod@s



