venres, 28 de marzo de 2014

Comezamos unha nova sección

Andamos sempre preocupados polo tempo: que se vai chover, que se non vai chover, que se poderei ir á praia, que se poderei prantar, que se haberá vento... Pois xa temos a solución a todos os nosos problemas porque estreamos sección!

"O tempo na comarca" é unha sección que inauguramos hoxe e que cada semana traerá unha predición do tempo feita por un súper fan da meteoroloxía: José Manuel Sierra Pernas

Cada xoves sobre as 8 da tarde poderás ler a súa predición para a nosa comarca, feita dende o ortegal e para todos os que estamos máis pendentes do ceo que do reloxo.


Acertará? Non acertará? Terás que ler a sección para sabelo ;)


Se che gusta a predición de Chema e queres felicitalo, queres facerlle algunha pregunta concreta ou queres poñelo a caer dun burro porque non acerta nin unha... usa o seguinte correo: etiquefasnoortegal@gmail.com