Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de febreiro de 2016

Tarde-noite de xogos de mesa no Vicedo

Mañá venres celebrarase unha actividade moi de inverno, a tarde - noite de xogos de mesa. Entre as 17h30 e as 19h30 será a edición para os nenos e nenas entre 4º e 6º de Primaria e xa, de noite, a partir das 21h30, a edición para os xoves e adultos. Contarase con xogos tan coñecidos como o Superpoly, o Scrabble, o Pictionary, Pasapalabra, Tabú, 4 en liña, Party & Co e os tradicionais oca, parchís, xadrez, etc.