Amosando publicacións coa etiqueta natación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta natación. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de xaneiro de 2016

Clube de natación creado en Ortigueira

Tras da reunión que se celebrou o pasado 8 de xaneiro, podemos informar que quedou constituído o clube de natación de Ortigueira. Nos seus comezos funcionará como unha "delegación" do clube natación Cedeira.

mércores, 6 de xaneiro de 2016

Creación dun clube de natación en Ortigueira

Carlos Bremón, presidente de la Federación Galega de Natación; Xan Suárez, director técnico do Clube Natación Cedeira; e Ángel Lozano, edil de Deportes de Ortigueira ofrecerán una charla sobre a eventual creación dun club de natación na vila. Será o venres, ás 20.30 horas, na Fundación Ortegalia. Falarán de como constituir o clube, detalles técnicos, días e horarios de entreno. Esta iniciativa suporía un gran impacto xa que permitiría  sacar máis proveito á piscina e facilitar un deporte máis aos orteganos.

mércores, 16 de abril de 2014

Piscina de Cariño: horarios e actividades


Na instalación pódense realizar distintas actividades, xa que, conta cunha piscina semiolímpica (25 metros) onde se pode realizar baño libre ou acudir os cursos de natación organizados polo servizo de deportes. E unha piscina de iniciación para os máis pequenos (os menores de 10 anos deben acudir acompañados dun adulto, de 10 a 14 anos para acudir sós deberán traer un escrito asinado polo seu pai/nai ou titor legal no que se declare que sabe nadar). Aquí podes ver os horarios e actividades.