Amosando publicacións coa etiqueta internet. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta internet. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de xuño de 2016

Charla informativa sobre o uso seguro de Internet

O martes, 14 de xuño celebrarase unha charla informativa por parte de Garda Civil sobre o uso seguro e responsable de Internet.
É este un tema un tanto preocupante hoxe en día tanto para maiores como para nenos e nenas, e especialmente para os pais e nais que poderán asistir a esta charla na Aula Cemit de Ortigueira.

 Aula Cemit
Concello de Ortigueira
Tfno. 981 40 25 33

mércores, 3 de xuño de 2015

Charla en Ortigueira:Seguridade na internet e redes socias

O próximo luns, 8 de de xuño na Aula Cemit de Ortigueira impartirase unha charla sobre SEGURIDADE NA INTERNET E REDES SOCIAIS.
Especialistas en Prevención da Seguridade Cidadá da Garda Civil explicarán de primeira man cales son os principais riscos que corremos tanto os adultos como os máis pequenos ao navegar por Internet, así como as precaucións a ter en conta e as boas prácticas na Rede.

venres, 20 de decembro de 2013

Aula Cemit

A Aula Cemit de Ortigueira está dentro da Rede de Centros para a Modernización e a inclusión tecnolóxica (Rede Cemit).
É unha aula pública dotada de ordenadores con acceso a internet, conexión wifi...