Amosando publicacións coa etiqueta espasante. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta espasante. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de decembro de 2013

Cea con DJ

O vindeiro sábado 21 de decembro, a comisión de festas de San Antonio e San Xoán de Espasante, organizan no Restaurante Orillamar unha cea con DJ na que se poderá degustar marisco, carne de primeira slección, postre, viño, café e chupito.

A cea estará amenizada por Zipora Music.

martes, 17 de decembro de 2013

Ruta de sendeirismo 2013


O vindeiro domingo 29 de decembro de 2013 realizarase unha ruta de sendeirismo polo camiño da costa (ruta das algas e praia do picón).

A saída será ás 8:30 da Casa do Concello de Ortigueira e a chegada será en Espasante.

mércores, 13 de novembro de 2013

Asociación Bangalúas

Bangalúas é unha asociación sen ánimo de lucro nacida en Espasante. Conta actualmente con máis de 40 membros e organizan todo tipo de actividades: mercadiños de troco, concertos, festivais, xogos populares, e centos de actividades encamiñadas a fomentar as artes.