O vindeiro sábado 28 de marzo, no pavillón municipal do CEIP José María Lage de Ortigueira, celebrarase un V Concurso monográfico sobre o can "Bouvier de Berna". A xornada dará comezo ás 10 da mañá e terá oco tamén para os máis pequenos xa que durante a xornada haberá tamén concurso infantil de mascotas.
