luns, 11 de xullo de 2016

Mércores da natureza no Vicedo

Esta semana de xullo prepáranse dúas grandes actividades socioculturais:

  • Mércores de natureza: Un dos obxectivos que teñen estes mércores de natureza é dar a coñecer tanto o municipio do Vicedo, como lugares da comarca da mariña e Ortegal dignos de ser coñecidos e visitados. 

Se outros anos visitouse a costa de Loiba, a costa de Ribadeo, a zona da costa de Xove, etc...este ano o desprazamento será ata Burela para facer a ruta costeira que une Burela e San Cibrao. Partirase no tren das 10h desde o apeadoiro do Vicedo para chegar a Burela e emprender a ruta que levará ata San Cibrao.Ppercorrerase o fermoso tramo de costa que une estas localidades, pasando pola praia da Marosa, praia de Rueta,etc...para chegar a San Cibrao e tomar o tren ás 15:45h. A ruta será duns 13 km. Hai que levar calzado axeitado e bocadillo e bebida.

          Inscrición en concello@concellodovicedo.org ou no 982 59 01 95.


  • Festa do Cabalo. O domingo 17 celebrarase unha nova edición, a 18ª,  da festa do turismo rural, tamén coñecida como festa do cabalo. Celébrase no parque eólico de Riobarba e haberá desde misa a primeira hora, ata degustación de productos típicos, e por suposto, as espectaculares carreiras de cabalos no entorno do parque. Finalmente, a festa rematará nunha gran festa na propia carpa.


Máis información:
Casa da Cultura O Vicedo
Tlf: 982  59 01 95
www.concellodovicedo.org
www.casaculturavicedo.blogspot.com