venres, 20 de novembro de 2015

Memorias do Vicedo: fotografías sobre a memoria histórica do Vicedo

O pasado xoves presentouse no Concello do Vicedo unha nova páxina web dedicada ás fotografías históricas do Concello. Trátase dun proxecto do Concello do Vicedo, a través da aula CEMIT e da empresa Abertal, que pon en marcha esta web coa intención de que se vaian subindo a ela fotografías antigas do municipio coa posibilidade de ser comentadas na propia web,



Tamén se poderán compartir, filtrar por anos, etc. A páxina está chea moitas utilidades. Hai que destacar que na primeira fase de preparación desta web participaron alumnos dos diferentes cursos que se veñen organizando na Aula Cemit e, por tanto, é un traballo en conxunto coa poboación. Pódese acceder á web na seguinte dirección  http://memoriasdovicedo.org/album.php?idioma=gl&action=buscar




Máis información:
Casa da Cultura O Vicedo
Tlf: 982  59 01 95
www.concellodovicedo.org
www.casaculturavicedo.blogspot.com