O próximo día 8 de novembro, O sendeiro realizará unha nova ruta de Lago (Xove ) ata a Praia de Area. A distancia será de 22 km e a saida realizarase ás 8:00 dende a Estación de Autobuses de Ortigueira.
O prezo de inscrición é de 7 € (ida e volta) e o número de prazas está limitado a 25 persoas. Hai que levar bocadillo e en caso de non asistencia non se devolverá o importe da inscrición. Os teléfonos de contacto son: 981 400 402 e 600 219 501
