Acaba de nacer un novo proxecto na comarca: paseos en barco velero con capitán. Da man de Álvaro Carodeguas e baixo o nome de "Queres vela?", todo o que queira poderá desfrutar dun paseo en veleiro pola ría de Ortigueira, Cabo Ortegal e Estaca de Bares. A ruta estándar, para un máximo de 5 persoas, ten unha duración de 2 a 3 horas e está dispoñible todos os días da semana.
Datos de contacto
Teléfono para facer reservas: 636887853
Correo: info@queresvela.com
Web: http://queresvela.com/
