domingo, 3 de maio de 2015

Curso básico de primeiros auxilios

O proximo sábado día 9 de maio vaise celebrar na Grañas do Sor (Mañón) un curso básico de primeiros auxilios dirixido á cidadanía en xeral: pais e mais, profesorado, xoves, traballadores/as de atención á terceira idade, persoas que traballan cara ao público, con máquinas, animais, e en xeral persoas que estean interesadas en adquirir uns coñecementos prácticos para a súa propia tranquilidade.



Data: sábado 9 de maio de 2015

Lugar: Grañas do Sor (Mañón). Haberá transporte dende Ortigueira

Reserva do curso: 659 124 271

Correo-e: info@caballo-natural.com

Prazas limitadas


As asociacións CETECO y EQUINUS Caballo Natural organizan este curso de primeiros auxilios básicos avalado pola Escola de Emerxencias Sanitarias e a Academia do Samur para a formación cidadá.