luns, 9 de febreiro de 2015

Oferta laboral: Asociación Chamilo

A Asociación con base en España Chamilo está buscando un autónomo ou freelance para incorporar ao seu equipo a media xornada.

Ortigueira é un sitio ideal para iniciar un proxecto de teletraballo, así que dende Contidos Dixitais, empresa con base en Ortigueira e co-fundadora da Asociación Chamilo, animamos a todos aqueles que vivades pola comarca do Ortegal a valorar esta oferta laboral.


O perfil que se busca non é excesivamente técnico.

Os requerimentos para a oferta de traballo e o modo de presentar candidaturas podedes consultalo na seguinte ligazón: https://chamilo.org/es/quieres-trabajar-para-el-proyecto-chamilo-buscamos-personal/

A ver se temos sorte e podemos incorporar a alguén da comarca do Ortegal ao fantástico equipo internacional da Asociación Chamilo.

Esta nova foi enviada por Noa Orizales, coordinadora de comunicación da Asociación Chamilo.