venres, 28 de novembro de 2014

Actuación de Paco Nogueira no Vicedo co esdpectáculo Brinca Vai

O programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, incorpora unha  sexta proposta para pechar a edición de 2014. Trátase de Brinca vai de aquí a acolá!, un concerto-obradoiro que chegará a 26 concellos da Rede de Dinamización Lingüística ao Concello do Vicedo.

Dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos e ás súas familias, o concerto-obradoiro está baseado no libro-disco Brinca vai!, que triunfa entre a cativada. Unha proposta na que a música, as cancións, o humor  e o enxeño toman a palabra para convidar á creatividade e a viaxar ao longo dos doce meses do ano achegándolle á xente miú­da da casa as tradicións, a natureza, os xogos ou as festas populares





                                            Preme na imaxe para ver o progrma da acividade




Datos de contacto



Casa da Cultura de Vicedo

 www.concellodovicedo.org / www.casadaculturavicedo.com

 982 59 01 95