martes, 1 de abril de 2014

Reto camisetas Ortigueira runners exclusivas

Preparados, listos... XA!!!  Se aínda non te decidiches a dar o paso para mover esas perniñas cada mércores xunto cos Ortigueira runners... agora é o teu momento porque temos preparada para ti unha motivación extra: preciosas e exclusivas camisetas técnicas tanto para damas como para cabaleiros!


A partires do día 2 de abril de 2014, por cada mércores que te unas aos Ortigueira runners sumarás 1 punto no teu ranking persoal. Cando consigas acumular 6 puntos, faráseche entrega dunha camiseta única que poderás lucir como orgulloso membro deste grupo de corredores.

A que estás esperando?  

Vai facendo oco na túa axenda e únete á marea de corredores todos 

os mércores ás 20:15 diante da oficina de correos.




Aclaracións sobre o reto:
  •  Todas as persoas que estean presentes os mércores sumarán 1 punto. Non é preciso completar máis de unha volta. Cada corredor fará o que poda. O que se valorará será a participación. 
  • A asistencia non ten que ser consecutiva, pero cantos máis mércores veñas, máis rápido conseguirás a túa camiseta. 
  • Reto válido ata agotar existencias (temos un máximo de 50 exclusivas camisetas). Data présa se non queres quedar sen a túa. 
  •  O Concello de Ortigueira patrocina estas camisetas. Dende aquí o noso agradecemento.