mércores, 19 de febreiro de 2014

Xornadas Terapéuticas en Casa Cabaneiro

Esta fin de semana (22 e 23 de febreiro) ofrecemos en Casa Cabaneiro un programa terapéutico individual, no que incluimos dous tipos de terapias:
- Terapia de Liberación emocional: consistente en inmersión en bañeira con técnicas de “aromaterapia exipcia”, sesión de respiración holotrópica individual e tentación persoal.
- Terapia de Regresiva: terapia de vidas pasadas para mellorar aspectos da nosa vida presente.

Ambas impartidas por terapeutas profesionais avalados: Susana Maria Rosas Alonso , terapeuta emocional e transpersoal, naturopata, maestra de Reiki, orientadora de evolución persoal, aromaterapeuta e ARTURO SANTOS ZAS, maestro de Keiki “Usui2, Reiki SHKM, TVP (Terapia de vidas pasadas), constelaciones familiares, EFT (terapia de liberación emocional), aromaterapia.

Podes disfrutar das dúas ou de unha soa. Aíimovos a probar a experiencia, se necesitas un cambio na túa vida, queres liberarte e dar un xiro aos teus problemas estas terapias axudaranche.

  Datos de contacto

María Elena Ramos González
Casa Cabaneiro Terapias e Ocio Rural

Viladóniga 3
15530 Cerdido

info@casacabaneiro.com
600581993
www.casacabaneiro.com