Todos aqueles, sen distinción de idade, que queiran recibir clases de ioga para corrección postural, benestar xeral, respiración ou relaxación; agora poderán facelo en Cariño. Os interesados nesta actividade terán unha xuntanza o martes 18 de febreiro ás 17:00 horas no antigo Concello de Cariño (Porta da Pulida).
- Clases: martes de 17:00 a 18:30 (Todas as idades)
- Xuntanza de xente interesada: martes 18 de febreiro ás 17:00 h no antigo Concello de Cariño (Porta da Pulida).
- Primeira clase gratuita: o martes 25 de febreiro ás 17:00 na Porta da Pulida.
Datos de contacto
Idoia Méndez

696 078 705